Soluciones innovadoras para la gestión de su empresa
Le ayudamos a mejorar la imagen de su organización
¿Cree que debe mejorar la gestión de su empresa? podemos ayudarle
Las herramientas de gestión accesibles hasta ahora sólo a las grandes corporaciones a su alcance
Le ayudamos a optimizar sus recursos
Consultoría en gestión e innovación
Le ayudamos a diferenciarse
Le ayudamos a mejorar la satisfacción de sus clientes

Programación de Software a Medida

Desarrollo de Software a MedidaNa actualidade, as empresas precisan de ferramentas de xestión para controlar, planificar e realiza-las súas tarefas de xeito eficiente.

Existen cada vez máis aplicacións de xestión que permiten optimiza-los recursos, prestar mellor servizo ó cliente e, finalmente, mellora-la competitividade. En Sinapsys mantemonos informados e formados para axudarlle a seleccionar e implanta-la solución de software máis axeitado ás súas necesidades.

A nosa oferta de sistemas informáticos de xestión é radicalmente diferente, innovadora e vantaxosa para o cliente: ofrecemos Software Libre (Open Source) baseado na web.

Servizos de Implantación de Solucións Open Source:

Sinapsys Business Solutions, ofrece os seguintes servizos na implantación de solucións Open Source:

  • Avaliación da Xestión: Analizamo-las necesidades dos sistemas de información.
  • Elegibilidade: Seleccionamo-lo software que mellor se adapte ás súas necesidades.
  • Instalación: Instalamo-lo software e configuramo-la rede. O software pode ser instalado no seu propio servidor ou nun servidor contratado (hosting).
  • Parametrización: Definición de perfís de usuario. Selección de módulos. Campos. Consultas. Informes.
  • Integración: Migración dos datos de outras aplicacións. Establecemento de bases de datos compartidas.
  • Programación de solucións "a medida": Programación de funcións específicas, adaptadas ás necesidades do seu negocio.

Política de Calidade de Desenvolvemento de Software

"Estamos a descubrir formas mellores de desenvolver software tanto por nosa propia experiencia como axudando a terceiros. A través deste traballo aprendemos a valorar:

Individuos e interaccións sobre procesos e ferramentas
Software funcionando sobre documentación extensiva
Colaboración co cliente sobre negociación contractual
Resposta ante o cambio sobre seguir un plan

Isto é, aínda que valoramos os elementos da dereita, valoramos máis os da esquerda".

Sinapsys subscribe, aplica e promove os seguintes principios de desenvolvemento áxil de software (http://agilemanifesto.org/iso/es/manifesto.html):

  1. Nosa maior prioridade é satisfacer ao cliente mediante a entrega temperá e continua de software con valor.
  2. Aceptamos que os requisitos cambien, mesmo en etapas tardías do desenvolvemento. Os procesos Áxiles aproveitan o cambio para proporcionar vantaxe competitiva ao cliente.
  3. Entregamos software funcional frecuentemente, entre dúas semanas e dous meses, con preferencia ao período de tempo máis curto posible.
  4. Os responsables de negocio e os desarrolladores traballamos xuntos de forma cotiá durante todo o proxecto.
  5. Os proxectos desenvólvense ao redor de individuos motivados. Hai que darlles a contorna e o apoio que necesitan, e confiarlles a execución do traballo.
  6. O método máis eficiente e efectivo de comunicar información ao equipo de desenvolvemento e entre os seus membros é a conversación cara a cara.
  7. O software funcionando é a medida principal de progreso.
  8. Os procesos Áxiles promoven o desenvolvemento sustentable. Os promotores, desarrolladores e usuarios debemos ser capaces de manter un ritmo constante de forma indefinida.
  9. A atención continua á excelencia técnica e ao bo deseño mellora a Axilidade.
  10. A simplicidade, ou a arte de maximizar a cantidade de traballo non realizado, é esencial.
  11. As mellores arquitecturas, requisitos e deseños emerxen de equipos auto-organizados.
  12. A intervalos regulares o equipo reflexiona sobre como ser máis efectivo para a continuación axustar e perfeccionar o seu comportamento en consecuencia.

En Vigo, a 16 de xullo de 2010

Tecnoloxías:

Openbravo e-Business. Sistema de xestión integral de empresas (ERP)
Pentaho Business Intelligence. Toma de decisions baseadas nos datos
SugarCRM e-Marketing. Software de xestión comercial(CRM)
Hipergate Groupware. Ferramentas de traballo en grupo
osComerce Groupware. Compra-venta a través de Internet
Moodle e-Learning. Ensino a través de Internet